Administración e asesoramento para comunidades de veciños - Pontevedra
Facémonos cargo da túa comunidade de veciños
Queremos facilitar a xestión da túa comunidade de veciños, por este motivo, poñemos a túa disposición toda a nosa experiencia, destacando nas seguintes tarefas:
- Convocatoria de xuntas
- Elaboración e xestión de documentación relacionada con convocatorias e delegación de votos.
- Execución e seguimento das decisións e medidas aprobadas nas xuntas de propietarios.
- Presenza nas xuntas de propietarios.
- Redacción de actas das xuntas.
- Apoio multimedia en cada reunión, se fose preciso.
- Representación da comunidade ante autoridades xurídicas e administrativas.
- Custodia de documentación e libros da comunidade.
- Xestión de seguros.
Pon nas nosas mans as tarefas administrativas da comunidade de veciños á que pertences. Confía en Asesoría Xedem.
Vantaxas de contar con xestores especializados na xestión de comunidades
Contar con especialistas sempre é unha opción acertada. Confiar a xestión da comunidade de veciños da que formas parte ten moitos beneficios:
- Conseguirás asesoramento personalizado
- A comunidade aforrará costes
- Contarás con profesionais que están ó día das últimas lexislacións
- Estarás máis informado sobre subvencións e axudas para a comunidade
Non o dubides, concerta unha cita con Asesoría Xedem e deixa de preocuparte pola xestión da túa comunidade de veciños.