Asesoramento e xestión con morosos en Pontevedra
Encargámonos da xestión de faltas de pagamento
En Asesoría Xedem queremos que as comunidades que nós xestionamos funcionen dunha maneira activa e estean ó día coas contas, polo que facemos todos os trámites necesarios para reducir a taxa de morosidade nas comunidades de veciños.
Para iso, realizamos comunicados personalizados por medio do correo electrónico, mensaxes de texto en telefonía móbil e chamadas telefónicas, con fin de advertir ó propietario da falta de pagamento correspondente.
Ademais, facemos todas as xestións necesarias para o cobro desas contas pendentes como a reclamación xudicial, arbitraxe...
Trato cauto e delicado en xestión de morosos
En Asesoría Xedem queremos que os nosos clientes estean 100% satisfeitos cos nosos servizos, por este motivo, ofrecemos un trato próximo, preocupándonos polo estado das comunidades de veciños que xestionamos.
Sabemos que a xestión de faltas de pagamento é un tema que debe ser tratado con moito tacto e, para conseguilo, utilizamos toda a nosa empatía e coidado nas reclamacións de pago.
Mantemos as contas da túa comunidade ó día, conta con Asesoría Xedem.
¿Precisas asesoramento en Pontevedra?
Se na túa comunidade de veciños hai cotas faltas de pagamento, contacta con nós. Axudarémosche a poñer ó día as contas da comunidade á que pertenzas.