Administración de fincas e asesoría en Pontevedra

Os teus expertos en asesoramento e administración

Toda o equipo de Asesoría Xedem estamos especializados na administración de comunidades de propietarios e asesoría de empresa en Pontevedra.

Entre os servizos que ofrecemos en canto á administración de comunidades, destacamos a xestión de cobros e pagos, levantamento de actas, asistencia a xuntas, resolución de avarías... No ámbito da xestión de empresas, somos líderes en asesoría fiscal, mercantil e laboral.

¿Precisas que alguén xestione a contabilidade da túa empresa?

En Asesoría Xedem encargámonos de levar as contas da túa empresa ó día, permitindo que ti teñas tempo para ocuparte doutras xestións.

Non o dubides máis, ponte en contacto connosco, contamos cunha gran experiencia en contabilidade.

Asesoría Xedem

¿Buscando unha asesoría de confianza en Pontevedra?

Asesoría Xedem ofrecemos a todos os nosos clientes a posibilidade de contar cun especialista que che axude a sacar adiante cada proxecto que nos presente.

Todos os nosos servizos están cubertos por un profesional con moita experiencia nesa área. Traballamos cóbado con cóbado cos nosos clientes, asegurando un trato próximo e personalizado.

Concerta unha cita na nosa oficina de Pontevedra e ¡coñécenos!

A nosa prioridade son os nosos clientes

O noso traballo é por e para as persoas. Queremos facilitar as xestións dos nosos clientes, facéndonos cargo de todas aquelas tarefas que nos encomenden.

Encargámonos da túa comunidade de veciños ou da contabilidade da túa empresa, asegurando un servizo de primeira calidade, no que primará o trato e a transparencia, construíndo unha relación profesional de total confianza contigo.

¿Falamos?

Visita a nosa asesoría en Pontevedra ou contacta connosco.

Servizos totalmente personalizados

Os asesores que formamos o equipo de Xedem poñemos todos os nosos coñecementos á disposición dos nosos clientes. Ofertamos unha gran variedade de servizos entre os que poderás escoller os que máis che interesen, creando, desta forma, un paquete adaptado as túas necesidades.

Non o dubides máis, contacta con Asesoría Xedem e confíanos todas as túas xestións.

Xestión e administración de comunidades

Queremos estar preto de todos os nosos administrados, por este motivo, entre as funcións que desempeñamos como administradores de comunidades, destacamos a asistencia a xuntas ordinarias de veciños, apoio multimedia nas reunións, representación da comunidade ante autoridades administrativas e xurídicas...

Ofertamos coberturas totais en canto a xestión de comunidades, confía en nós!

Asesoría de empresas

Para aqueles máis emprendedores, queremos poñer á túa disposición os nosos coñecementos en ámbito fiscal, laboral e mercantil. Contamos cos mellores profesionais para que ti solo teñas que preocuparte de seguir traballando nos teus soños.

Ademais, poderás deixar nas nosas mans os pagos e cobros da túa compañía. Somos profesionais con unha longa e recoñecida traxectoria, non dubides en contar connosco!

Contacta con Asesoría Xedem

¿Queres concertar unha cita? Chama ó noso número de teléfono, estaremos á túa disposición para escoitar as túas necesidades e ofrecerte o servizo que estás a buscar. Esperámoste!